Escollemos unhas galletas que se atopan dispoñibles na cafetería do instituto, e como pretendemos que haxa variedades máis saudables, propoñemos outra opción.
Comparando os datos nutricionais destas dúas clases de galletas, podemos observar:
- As galletas CHOCO BOM (dispoñibles na cafetería), aportan máis enerxía, o que os converte nunha opción menos aconsellable para consumir de xeito habitual. Teñen unha gran cantidade de azucres, sal e graxas, así como moita menos fibra e proteína.
- Ademáis, ao estar feitas con diversos tipos de chocolates procesados, teñen moita máis cantidade de azucres e aromatizantes ou saborizantes.
- Moita da enerxía que aporta este alimento procede da cantidade de graxas, que resultan prexudiciais por ser saturadas xa que aumentan o colesterol, o risco a enfermidades cardíacas ou poden producirnos obesidade.
- Pola contra, as GALLETAS MARÍA SIN SAL NI AZÚCARES (dispoñibles no Carrefour) aportan unha menor cantidade de enerxía.
- Teñen pouca sal, azucre e graxas, aínda que os carbohidratos están moi pouco por debaixo en comparación.
- A fibra e a proteína están en proporcións ideais.
Os azucres consumidos en exceso, forzan ó noso páncreas a producir máis insulina, polo que poden favorecer nalgunhas persoas a resistencia á insulina, e ademáis serán almacenados en forma de graxas, polo que poden conducirnos a incrementar o noso peso.
Consumir moita sal pode producir hipertensión, enfermedades cardiovasculares, retención de líquidos, diabetes e moitas outras; polo que debería regularse o seu consumo nas dietas saudables.
Ningún comentario:
Publicar un comentario