O Profesor fixo fincapé en que comer saudable era comer variado, e productos frescos, que non hai que complicarse....comer carne tamén é saudable, se non comemos moita, e non a acompañamos con un plato de patacas...se a acompañamos con unha ensalada ou un pesto....e tomamos de postre froita, é máis saudable que con patacas fritidas e de postre tarta de chocolate con nata...
Él preparounos un menú cos seguintes platos:
1- Focaccia: unha masa fermentada desde o día anterior, que preparou con 1 kgr de fariña de todo uso, 800 grs de auga 20 grs de sal e 3 grs de levadura de panificación. Tiña un aspecto increíble!
Estaba moi opada e tiña moitos globiños producidos pola fermentación. Explicounos que non debíamos rompelos, porque eso apelmazaría a masa ao perder o CO2 producido pola fermentación alcólica das levaduras, sobre os azúcres da masa.
Aliñouna con aceite de oliva, e mollaba as máns en auga con sal mentres a estiraba para evitar que se lle pegase nos dedos ao traballala...
Por enriba dispuso unhas lonchas de tomate natural e unhas follas de albahaca fresca, que nos deu a probar, e masticamos para apreciar o seu sabor.
.
O profesor explicounos que a albahaca fresca tiña propiedades antisépticas, e que axudaba a previr a caries e o mal alento (apuntade o dato!!)
A continuación meteuna ao forno uns 20 minutos!! Cando abreu a porta, tiña un aspecto increíble, e estaba riquísima.
Todos repetimos!! (Menos Maryen que como estaba de Ramadán tivo que absterse de comer durante todo o cociñado!, pero levou unhas racións para comer ao porse o Sol).
2- Sopa Minestrone: é unha sopa con beicon, verduras e pasta. Primeiro friteu o beicon nunha pota grande (eramos 25 para comer, 23 alumnos e dúas profes). A continuación engadeu as verduras ( repolo, cebola, calabacin, allo porro, cenoria, pemento verde, pemento vermello, pepino) e deixou que se rehogasen ate que empezaron a baixar o seu volume e a soltar auga. Coceron así uns vinte minutos. Cando estiveron as verduras listas, engadeu un paquete de tiburóns de pasta, e deixou que se cocera durante 8 minutos...contundente e saudable!! Riquísima!!
3- A continuación preparou dourada ao forno con patacas "panadeira".
Limpou ben o peixe e dispúsoo sobre a cama de patacas, cebola e pemento vermello, que xa tiña preparados e aliñounas con sal grosa. Dixo que non había que preocuparse polo sal, que o peixe coa pel, toma o sal que precisa.
A verdade e que estaba boísima, e para servila desespiñounos todas as racións!!
Non hai ningún restaurante que desespiñe o peixe na nosa cidade... nin nos arredores, así non hai disculpa para non comer peixe a gusto!!
4- Para rematar, o postre foron unhas mazás asadas con un pouco azucre e canela (bueno, así sen que ninguén o sepa, dicir que lles botou por enriba un chorro de anis doce, e dixo que tamén lles iría moi ben un pouco de ron, pero como eran para cociña saudable...pois non llo puxo). Todo estaba boísimo, e apredemos a facer a "mise en place"(" todo no seu sitio") coa que os grandes cociñeiros son capaces de preparar menús con distintos platos, para un elevado número de comensais.
Creo que todos disfrutamos do taller!! Hai que repetilo!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario