OBXECTIVO: Determinar a presenza de vitamina C en distintos alimentos.
Materiais empregados: Alimentos:
-Pipetas -Zumo granini (Brick)
-Vasos -Lima
-Tubos de ensaio -Laranxa froita
-Disolución de amidón ao 0,5 por cento -Laranxa sanguina
-Disolución de Vitamina C de farmacia -Limón
-Reactivo de lugol (iodo e ioduro de potasio) -Limón Solimon
PROCEDEMENTO:
-Primeiro cortamos os alimentos e facemos zume de cada un.
-Posteriormente introducimos cada zume en vasos diferentes.
- disolvemos 5 gramos de amidón en 1000 ml de auga e a quentamos.
- esperamos a que se enfrie.
-Tras isto, dispoñemos 3 ml da disolución de almidón en cada tubo ca pipeta.
-Posteriormente debemos engadirlle ao amidón aproximadamente 2 gotas de Lugol, que fará que a mezcla se poña de cor negro-azulada.
-Por último debemos engadir gota a gota, cada zume, nos diferentes tubos ata que a mezcla pase da cor azulada a unha cor completamente transparente!.
RESULTADOS:
- Zume de limón natural: 5 gotas
- Zume de laranxa natural: 5 gotas
- Zume de lima: 8 gotas
- Zume de laranxa (Brick): 5 gotas
- Zume de laranxa Sanguína: 3 gotas
- Zume limón solimon: 4 gotas
- Zume de tomate: 11 gotas
ANALISE DOS RESULTADOS:
A partir dos resultados obtidos podemos determinar a cantidade de vitamina C que conteñen diferentes zumes e froitas.
Como podemos observar o zume de laranxa Sanguína é o alimento que máis Vitamina C contén, xa que con só 3 gotas de este, cambia por completo a cor da disolución de amidón.
Por outro lado o zume de tomate xunto co de lima, son os alimentos que menos vitamina C conteñen. Sorprendentemente o zume de laranxa natural contén a mesma cantidade de Vitamina C que o zume de brick.
VALORACIÓN PERSONAL:
Esta práctica sen duda algunha foinos de moita utilidade, sobre todo a nenos da nosa idade, xa que coñecer cales son os alimentos con maior cantidade de vitamina C, é importantísimo para nós, pois estamos na etapa do crecemento.