Páxinas

Amosando publicacións coa etiqueta Oligoelementos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Oligoelementos. Amosar todas as publicacións

venres, 19 de xaneiro de 2024

QUE EFECTOS CAUSA NO NOSO ORGANISMO O CONSUMO DE CHOCOLATE?

 QUE EFECTOS CAUSA NO NOSO ORGANISMO O CONSUMO DE CHOCOLATE?



ALGUNHA VEZ OÍCHEDES ISO DE QUE O CHOCOLATE CAUSABA FELICIDADE? 

OU VÍSTEDES NAS PELÍCULAS QUE SE COMÍA DESPOIS DUNHA RUPTURA AMOROSA? NESTE ARTIGO IMOS DESCUBRIR SE É CERTO.


O chocolate é un alimento integrado de forma homoxénea na dieta de toda a poboación, aínda que non sexa necesario para a nosa existencia. Sabemos que a semente ven de América, onde a coñecían como “o alimento dos deuses”, e que debido á colonización, extendéuse  por todo o mundo a súa plantación e o emprego que alí lle daban. Grazas a que continentes como Europa estaban moi avanzados, conseguiron crear receitas novas que deron lugar a todas as variedades existentes hoxe en día, sendo Bélxica e Suiza os que se puxeron á cabeza do proxecto. 


O chocolate procede do cacao, do pó e da manteiga, pero para a súa fabricación empréganse moitos máis alimentos que eses, como son o azúcre, o leite, ou outros edulcorantes dependendo da clase.


  • O cacao procede da semente do Theobroma cacao ou Cacaotero, árbore tropical que se cultiva en África e América. A partir dela extráense os grans, que pasan por un proceso de torrado e serven para obter o cacao en pó, e máis as fabas, que dan a manteiga de cacao. Todo o que se obtén desta semente é natural, e por si só ten moitos beneficios que o chocolate non nos aporta ao estar mesturado con outros alimentos.


     


  • O azucre engádeselle en moi pouca cantidade para aumentar o doce no sabor e que non sexa tan amargo. Ademáis, así o uso na repostería ten un mellor comportamento. Non en todos os casos é así, pois o chocolate con leite ou o chocolate branco levan cantidades moi elevadas deste compoñente, facendo que xa non sexa tan natural e san coma o amargo ou puro.




Na súa composición química destaca a concentración de flavonoides, un compoñente químico con capacidade antioxidante, que aporta grandes beneficios como a reducción do risco de padecer diversos tipos de enfermidades.

O chocolate posúe cualidades antidepresivas, porque eleva os niveis cerebrais de serotonina; dopamina e endorfinas, hormonas relacionadas cos cambios de humor, que xeran reaccións positivas no organismo. Tomar chocolate de forma controlada mellora o estado de ánimo e aporta enerxía, a parte de mellorar a memoria e previr o avellentamento do cerebro. O cacao é unha gran fonte de feniletilamina, substancia que xera o cerebro naturalmente, que produce euforia e benestar emocional. Debido ao seu alto contido en vitamina C e fibra, convértese nun excelente preventor de enfermidades cardiovasculares e cerebrovasculares, de cáncro hepático, de enfermedades gástricas e de colon. Ten alto contido proteico e aporta moitas calorías, polo que adoita ser utilizado en dietas hiperproteicas.

Canto máis procesado esté o alimento que conteña cacao, perde a meirande parte de nutrientes e propiedades positivas, o que quere dicir que canta máis porcentaxe de cacao leve, considérase máis beneficioso.

Aínda tendo en conta os aportes positivos que podemos obter a partir do chocolate, non é recomendable excederse no seu consumo, xa que ten un alto número de calorías e grasas que en moita cantidade pode resultar perxudicial.



Artigo realizado por Alba Martínez Lojo, Tania Silva Muñiz e Alba Millán Santos.




mércores, 3 de xaneiro de 2024

CARACTERÍSTICAS DUNHA DIETA SAUDABLE

 Para que unha dieta sexa recomendable a toda a poboación, requírese:

  1. Que a composición de alimentos sexa variada.
  2. Que achega suficientes calorías para atender ás necesidades enerxéticas dos individuos sans, axudando a manter un peso adecuado.
  3. O contido de graxa total pode ser dun 30-35% da enerxía total, sendo a graxa saturada inferior ao 10% e de preferencia un 7%. Os ácidos grasos poliinsaturados deben atoparse nuns niveis inferiores ao 7% e os monoinsaturados arredor dun 15-20%.
  4. O colesterol da alimentación debe ser inferior a 300 mg/día.
  5. Que achegue suficientes minerais, oligoelementos e vitaminas.
  6. Que teña alimentos ricos en fibra e un contido baixo en azucre refinado e sal (sodio).
  7. Se se consomen bebidas alcohólicas, debe facerse con moderación (máximo10 g diarios para mulleres e 20 g para os homes)
  8. Ademais, é aconsellable realizar exercicio físico a diario e non fumar.

Dra Rocío Villar Taibo, Nutricionista e Endocrina, fálanos da alimentación saudable e da importancia do exercicio, sobretodo o exercicio de ...