Páxinas

Amosando publicacións coa etiqueta repostería. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta repostería. Amosar todas as publicacións

venres, 19 de xaneiro de 2024

QUE EFECTOS CAUSA NO NOSO ORGANISMO O CONSUMO DE CHOCOLATE?

 QUE EFECTOS CAUSA NO NOSO ORGANISMO O CONSUMO DE CHOCOLATE?



ALGUNHA VEZ OÍCHEDES ISO DE QUE O CHOCOLATE CAUSABA FELICIDADE? 

OU VÍSTEDES NAS PELÍCULAS QUE SE COMÍA DESPOIS DUNHA RUPTURA AMOROSA? NESTE ARTIGO IMOS DESCUBRIR SE É CERTO.


O chocolate é un alimento integrado de forma homoxénea na dieta de toda a poboación, aínda que non sexa necesario para a nosa existencia. Sabemos que a semente ven de América, onde a coñecían como “o alimento dos deuses”, e que debido á colonización, extendéuse  por todo o mundo a súa plantación e o emprego que alí lle daban. Grazas a que continentes como Europa estaban moi avanzados, conseguiron crear receitas novas que deron lugar a todas as variedades existentes hoxe en día, sendo Bélxica e Suiza os que se puxeron á cabeza do proxecto. 


O chocolate procede do cacao, do pó e da manteiga, pero para a súa fabricación empréganse moitos máis alimentos que eses, como son o azúcre, o leite, ou outros edulcorantes dependendo da clase.


  • O cacao procede da semente do Theobroma cacao ou Cacaotero, árbore tropical que se cultiva en África e América. A partir dela extráense os grans, que pasan por un proceso de torrado e serven para obter o cacao en pó, e máis as fabas, que dan a manteiga de cacao. Todo o que se obtén desta semente é natural, e por si só ten moitos beneficios que o chocolate non nos aporta ao estar mesturado con outros alimentos.


     


  • O azucre engádeselle en moi pouca cantidade para aumentar o doce no sabor e que non sexa tan amargo. Ademáis, así o uso na repostería ten un mellor comportamento. Non en todos os casos é así, pois o chocolate con leite ou o chocolate branco levan cantidades moi elevadas deste compoñente, facendo que xa non sexa tan natural e san coma o amargo ou puro.




Na súa composición química destaca a concentración de flavonoides, un compoñente químico con capacidade antioxidante, que aporta grandes beneficios como a reducción do risco de padecer diversos tipos de enfermidades.

O chocolate posúe cualidades antidepresivas, porque eleva os niveis cerebrais de serotonina; dopamina e endorfinas, hormonas relacionadas cos cambios de humor, que xeran reaccións positivas no organismo. Tomar chocolate de forma controlada mellora o estado de ánimo e aporta enerxía, a parte de mellorar a memoria e previr o avellentamento do cerebro. O cacao é unha gran fonte de feniletilamina, substancia que xera o cerebro naturalmente, que produce euforia e benestar emocional. Debido ao seu alto contido en vitamina C e fibra, convértese nun excelente preventor de enfermidades cardiovasculares e cerebrovasculares, de cáncro hepático, de enfermedades gástricas e de colon. Ten alto contido proteico e aporta moitas calorías, polo que adoita ser utilizado en dietas hiperproteicas.

Canto máis procesado esté o alimento que conteña cacao, perde a meirande parte de nutrientes e propiedades positivas, o que quere dicir que canta máis porcentaxe de cacao leve, considérase máis beneficioso.

Aínda tendo en conta os aportes positivos que podemos obter a partir do chocolate, non é recomendable excederse no seu consumo, xa que ten un alto número de calorías e grasas que en moita cantidade pode resultar perxudicial.



Artigo realizado por Alba Martínez Lojo, Tania Silva Muñiz e Alba Millán Santos.




martes, 2 de xaneiro de 2024

A ciencia que hai detrás dun biscoito!!

Cando se di que a repostería é unha ciencia exacta faise porque hai que axustarse á receita —e ás cantidades indicadas— ao pé da letra! para que salga ben.
Pero a ciencia da repostería vai moito máis alá da precisión das medidas. Incluso a preparación do máis sinxelo dos biscoitos, pon en xogo un bo número de procesos físicos e químicos claves para o resultado.
    Posiblemente o biscoito máis básico sexa o coñecido como catro cuartos, atendendo a que só require 4 (+1) ingredientes nas mesmas proporcións: manteiga, azucre, ovos e fariña (ademais do fermento químico). E na súa preparación tamén se dan cita un puñado (con perdón) de reaccións fisicoquímicas.
O primeiro paso consiste en mesturar e bater a materia graxa, é dicir, a manteiga, co azucre, e a continuación incorporar os ovos. Ao facelo fórmase unha emulsión, é dicir, basicamente unha suspensión de pingas de graxa nun medio acuoso.
A principal responsable disto é a lecitina, un fosfolípido que abunda na xema do ovo.
A lecitina é unha molécula anfipática, o que quere dicir que ten un extremo con afinidade cara ás graxas, e outro con afinidade cara á auga. As moléculas de lecitina —co seu extremo afín aos lípidos apuntando ao interior e o afín á auga cara a fóra—rodean as pingas de graxa formando unha película que permite que permanezan suspendidas na mestura acuosa.
    Unha vez que xa dispoñemos dun medio acuoso, é o momento de incorporar a fariña. É agora cando se forma o glute, que constitúe a estrutura que vai dar soporte ao biscoito.
    A fariña por si mesma non contén glute, senón as dúas proteínas precursoras: a glutenina e a gliadina.
    Ao bater, conséguese romper a súa estrutura e con iso que se desenreden e estiren, o que permite establecer ligazóns entre elas que dan lugar á formación dun a malla tridimensional que proporcionará elasticidade e rixidez á mestura, o glute.

    É neste paso, cando xunto á fariña, engádese o axente impulsor: o fermento. Esta non é máis que unha mestura seca dun ácido e unha base acompañados dun deshidratante, un composto que atrapa e absorbe a humidade para garantir que os outros dous permanecen secos ata o momento da súa adición á masa. Cando isto ocorre, e xa no medio acuoso e coa subministración de enerxía que proporcionará a calor do forno, o ácido e a base reaccionan entre si neutralizándose, unha reacción que libera dióxido de carbono (CO2).
    Son precisamente as burbullas deste gas as que, ao tentar escapar, no seu ascenso quedan atrapadas na malla de glute, e fan que esta se expanda e suba.
    Unha vez que temos a masa lista, vértese no molde e introdúcese no forno, onde a mestura líquida acabará converténdose nun esponjoso e delicado sólido. Como dixemos, o glute proporciona o armazón do biscoito. Se o comparamos cun edificio, o glute sería o armazón de vigas que enmarcan as estancias (nas que se instalan as burbullas de CO2).
    Pero para que estas estancias teñan paredes fan falta ladrillos e cemento.....
No noso biscoito o material de recheo son as proteínas globulares da clara do ovo (ovoalbúminas) e o amidón da fariña.
    As proteínas da clara por efecto da calor intensa se desnaturalizan, é dicir perden a súa estrutura globular, ábrense e despreganse. E ao facelo comezan a formarse ligazóns entre elas e co glute. Este proceso denomínase coagulación e é o mesmo que sucede ao fritir ou cocer un ovo, pero a unha escala menor, xa que agora as proteínas están dispersas por toda a masa. Outro tanto sucede cos polisacáridos que integran o amidón da fariña, que ao hidratarse primeiro, e logo quentarse, tamén perden a súa estrutura, desenrólanse e comezan a formar ligazóns entre eles para formar un material xelatinoso.
    Mentres, na parte superior do biscoito, onde se alcanza unha maior temperatura, as proteínas e os azucres reaccionan entre si, nun proceso coñecido como reacción de Maillard, para dar lugar aos compostos aromáticos responsables desa deliciosa superficie tan característica dun biscoito no seu punto. 
                                                                (Miguel Barral é escritor e divulgador científico).

Dra Rocío Villar Taibo, Nutricionista e Endocrina, fálanos da alimentación saudable e da importancia do exercicio, sobretodo o exercicio de ...