Páxinas

Amosando publicacións coa etiqueta diabetes. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta diabetes. Amosar todas as publicacións

martes, 12 de marzo de 2024

O SÍNDROME METABÓLICO

   

    O Síndrome Metabólico consiste nun conxunto de enfermidades que se presentan nunha persoa ao mesmo tempo. 
    Estes trastornos poden ser o aumento da presión arterial e dos niveis de azucre en sangue, un exceso de grasa ao redor da cintura e uns niveis anormais de colesterol e triglicéridos. 
    Padecer estes trastornos conleva risco de enfermidades cardíacas, accidente cerebrovascular e diabetes tipo 2. 
    Cada vez é máis frecuente na poboación.
    Pode tratarse dunha enfermidade hereditaria porque que se transmite a través da información xenética, aínda que se pode mellorar cos tratamientos adecuados para cada transtorno ou facendo cambios positivos como facer exercicio, mellorar a dieta, etc. Tamén pode desenvolverse ou aparecer ao longo da vida dunha persoa debido ao seu estilo de vida.

CAUSAS
    As súas causas poden ser o sobrepeso, a obesidade e a falta de actividade física; ademais dun factor coñecido como resistencia á insulina, que consiste nun aumento da glucemia debido a que a glucosa non pode entrar nas células xa que estas non responden á insulina. A idade e a xenética tamén inflúen á súa aparición.

SÍNTOMAS
    Para saber se unha persoa ten síndrome metabólico tes que mirar se o seu nivel de azúcre en sangue en axunas é de máis de 126 mg/dl, xa que os pacientes co síndrome padecen de hiperinsulinemia ou diabetes tipo 2, o que provoca dificultades para dixerir de maneira correcta a glucosa. Este aumento de insulina pode levar incluso a un infarto de miocardio.
    Tamén se presenta un aumento de LDL (colesterol malo) e triglicéridos no sangue, ao mesmo tempo que un nivel baixo de HDL (colesterol bó).
    Outro signo da enfermidade é a obesidade central, que se trata dun exceso de graxa na zona abdominal, caracterizado por crear unha cintura ancha.
    Por último os pacientes presentan hipertensión, que se trata dunha presión arterial alta.

FACTORES DE RISCO
    O risco deste síndrome vese afectado por diferentes causas como os hábitos de vida, a idade, etc.
Factores de risco que podes controlar:
  • Manterse inactivo.
  • Ter unha dieta pouco saudable.
  • Non ter suficientes horas de sono.
  • Fumar ou beber alcol.
  • Factores de risco que non podes controlar:
  • Idade: o risco aumenta a medida que envellecemos.
  • Antecedentes familiares e xenética: os xenes poden afectar á maneira en que o corpo responde á insulina. É moi posible que o desenvolvas se algún familiar tamén o padeceu.
  • Xénero: as mulleres teñen un maior risco de contraer o síndrome metabólico. Isto débese aos cambios despois da menopausia.
COMPLICACIÓNS
    Debido ao alto nivel de colesterol e á hipertensión arterial, podería haber unha acumulación de plaquetas nas arterias, que as estreitan e as endurecen, provocando enfermidades circulatorias e do corazón. Tamén podería contraerse unha diabetes de tipo 2 se non se adopta un estilo de vida saudable para reducir ou controlar o aumento de peso.

PREVENCIÓN:
    1º.- A actividade física pode ser moi beneficiosa, polo que se recomenda polo menos 30 minutos diarios. 
    2º.- Manter unha boa dieta tamén é importante para manter unha boa saúde, polo que se recomenda a inxestión de abundante froita, verdura, proteínas e cereais, á vez que reducir o sal e as graxas saturadas. 
    3º.- Unha última recomendación é non fumar xa que resulta prexudicial en moitos ámbitos da saúde.


A GORDOFOBIA
    A gordofobia é un movemento de odio, rexeitamento e violencia cara as persoas gordas polo feito de selo, xa que o seu tamaño corporal non encaixa co socialmente aceptado e establecido. Ocasiona humillación, invisibilización, maltrato, ridiculización, patoloxización e exclusión cara estas persoas. 
    Ser unha persoa gorda non implica padecer algunha enfermidade en todos os casos, pero non debería descartarse ata realizar probas médicas.
    Non se debería normalizar o feito de padecer sobrepeso, pois non aporta nada positivo para a saúde, pero tampouco debería existir un movemento de odio hacia este tipo de persoas xa que poden estar intentando cambiálo, e non lles aporta nada positivo este tipo de comentarios. 
    Como se pode observar, o Síndrome metabólico, a maioría de veces non é culpa do propio individuo
    Iso sí, tamén podemos ver que se relaciona con moitas máis enfermidades e casos graves, polo que intentar cambiar os hábitos cando todavía hai tempo é un paso clave para poder evitalas, así que é iniciativa da propia persoa o feito de mellorar os seus hábitos. 
    Os demais non deberían opinar sobre o corpo axeno, xa que non teñen o poder de cambiar como esa persoa se ve, non está na súa man, así que absterse de comentar é a mellor das solucións.

mércores, 6 de marzo de 2024

Investigación sobre o "Síndrome metabólico" o "Helicobacter pilory" e o SIBO. Que opinión che merece o movemento contra a "Gordofobia"?

 A obesidade, a síndrome metabólica, o Helicobacter pylori e a SIBO (síndrome de sobrecrecemento bacteriano) son temas de interese na investigación médica e de saúde pública. 

 1. A obesidade: a obesidade é un problema de saúde global, que está ligado a numerosas complicacións de saúde, como enfermidades cardiovasculares, diabetes tipo 2, hipertensión, enfermidades do fígado e certos tipos de cáncro. A investigación sobre a obesidade céntrase en comprender as súas causas, os mecanismos subxacentesasí como desenvolver estratexias de prevención e tratamento. 
2. Síndrome metabólica: este é un grupo de afeccións médicas que inclúen obesidade abdominal, resistencia á insulina, presión arterial alta e dislipidemia, que aumentan o risco de enfermidades cardiovasculares e diabetes tipo II


A investigación sobre a síndrome metabólica céntrase en comprender os seus mecanismos subxacentes, a súa prevalencia e en como previr e tratar os seus compoñentes individuais. 
3. Helicobacter pylori: é unha bacteria que infecta o revestimento do estómago e está asociada ao desenvolvemento de úlceras estomacais e gastrite crónica

A investigación demostrou que a erradicación de H. pylori pode ser eficaz para tratar estas condicións e previr complicacións asociadas, como o cáncro de estómago. 
 4. SIBO (síndrome de sobrecrecemento bacteriano): refírese a un exceso de bacterias no intestino delgado que pode provocar unha variedade de síntomas gastrointestinais, como inchazo, dor abdominal, diarrea e malabsorción de nutrientes
A investigación sobre SIBO céntrase en identificar as súas causas, mellorar os métodos de diagnóstico e desenvolver tratamentos eficaces. 
No que respecta ao movemento contra a Gordura ou Gordofobia, este refírese á loita contra a discriminación e o estigma social cara ás persoas con sobrepeso ou obesidade. Este movemento busca promover a aceptación corporal e a saúde en todas as formas e tamaños, así como defender a inclusión e o respecto a todas as persoas, independentemente do seu peso. 
O 6 de setembro celébrase o Día Internacional da Loita contra a Gordofobia. Esta data foi elixida para conmemorar o aniversario da morte da activista estadounidense Ellen Marie "Lindy" West, que foi unha voz destacada na loita contra a fatfobia e na promoción da aceptación corporal
West faleceu o 6 de setembro de 2018, data a partir da que se visibilizou ao seu activismo contra o rexeitamento que sofren as persoas en todos os ámbitos, e ela mesma como actriz, polo feito de ser obesas. 
Aqui temos una noticia de como lidaba lindy west con su aspecto: https://www.elperiodico.com/es/cuaderno/20190323/lindy-west-gordura-feminismo-shrill-7364615

Dra Rocío Villar Taibo, Nutricionista e Endocrina, fálanos da alimentación saudable e da importancia do exercicio, sobretodo o exercicio de ...