Páxinas

Amosando publicacións coa etiqueta Bacharelato. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Bacharelato. Amosar todas as publicacións

martes, 12 de marzo de 2024

O SÍNDROME METABÓLICO

   

    O Síndrome Metabólico consiste nun conxunto de enfermidades que se presentan nunha persoa ao mesmo tempo. 
    Estes trastornos poden ser o aumento da presión arterial e dos niveis de azucre en sangue, un exceso de grasa ao redor da cintura e uns niveis anormais de colesterol e triglicéridos. 
    Padecer estes trastornos conleva risco de enfermidades cardíacas, accidente cerebrovascular e diabetes tipo 2. 
    Cada vez é máis frecuente na poboación.
    Pode tratarse dunha enfermidade hereditaria porque que se transmite a través da información xenética, aínda que se pode mellorar cos tratamientos adecuados para cada transtorno ou facendo cambios positivos como facer exercicio, mellorar a dieta, etc. Tamén pode desenvolverse ou aparecer ao longo da vida dunha persoa debido ao seu estilo de vida.

CAUSAS
    As súas causas poden ser o sobrepeso, a obesidade e a falta de actividade física; ademais dun factor coñecido como resistencia á insulina, que consiste nun aumento da glucemia debido a que a glucosa non pode entrar nas células xa que estas non responden á insulina. A idade e a xenética tamén inflúen á súa aparición.

SÍNTOMAS
    Para saber se unha persoa ten síndrome metabólico tes que mirar se o seu nivel de azúcre en sangue en axunas é de máis de 126 mg/dl, xa que os pacientes co síndrome padecen de hiperinsulinemia ou diabetes tipo 2, o que provoca dificultades para dixerir de maneira correcta a glucosa. Este aumento de insulina pode levar incluso a un infarto de miocardio.
    Tamén se presenta un aumento de LDL (colesterol malo) e triglicéridos no sangue, ao mesmo tempo que un nivel baixo de HDL (colesterol bó).
    Outro signo da enfermidade é a obesidade central, que se trata dun exceso de graxa na zona abdominal, caracterizado por crear unha cintura ancha.
    Por último os pacientes presentan hipertensión, que se trata dunha presión arterial alta.

FACTORES DE RISCO
    O risco deste síndrome vese afectado por diferentes causas como os hábitos de vida, a idade, etc.
Factores de risco que podes controlar:
  • Manterse inactivo.
  • Ter unha dieta pouco saudable.
  • Non ter suficientes horas de sono.
  • Fumar ou beber alcol.
  • Factores de risco que non podes controlar:
  • Idade: o risco aumenta a medida que envellecemos.
  • Antecedentes familiares e xenética: os xenes poden afectar á maneira en que o corpo responde á insulina. É moi posible que o desenvolvas se algún familiar tamén o padeceu.
  • Xénero: as mulleres teñen un maior risco de contraer o síndrome metabólico. Isto débese aos cambios despois da menopausia.
COMPLICACIÓNS
    Debido ao alto nivel de colesterol e á hipertensión arterial, podería haber unha acumulación de plaquetas nas arterias, que as estreitan e as endurecen, provocando enfermidades circulatorias e do corazón. Tamén podería contraerse unha diabetes de tipo 2 se non se adopta un estilo de vida saudable para reducir ou controlar o aumento de peso.

PREVENCIÓN:
    1º.- A actividade física pode ser moi beneficiosa, polo que se recomenda polo menos 30 minutos diarios. 
    2º.- Manter unha boa dieta tamén é importante para manter unha boa saúde, polo que se recomenda a inxestión de abundante froita, verdura, proteínas e cereais, á vez que reducir o sal e as graxas saturadas. 
    3º.- Unha última recomendación é non fumar xa que resulta prexudicial en moitos ámbitos da saúde.


A GORDOFOBIA
    A gordofobia é un movemento de odio, rexeitamento e violencia cara as persoas gordas polo feito de selo, xa que o seu tamaño corporal non encaixa co socialmente aceptado e establecido. Ocasiona humillación, invisibilización, maltrato, ridiculización, patoloxización e exclusión cara estas persoas. 
    Ser unha persoa gorda non implica padecer algunha enfermidade en todos os casos, pero non debería descartarse ata realizar probas médicas.
    Non se debería normalizar o feito de padecer sobrepeso, pois non aporta nada positivo para a saúde, pero tampouco debería existir un movemento de odio hacia este tipo de persoas xa que poden estar intentando cambiálo, e non lles aporta nada positivo este tipo de comentarios. 
    Como se pode observar, o Síndrome metabólico, a maioría de veces non é culpa do propio individuo
    Iso sí, tamén podemos ver que se relaciona con moitas máis enfermidades e casos graves, polo que intentar cambiar os hábitos cando todavía hai tempo é un paso clave para poder evitalas, así que é iniciativa da propia persoa o feito de mellorar os seus hábitos. 
    Os demais non deberían opinar sobre o corpo axeno, xa que non teñen o poder de cambiar como esa persoa se ve, non está na súa man, así que absterse de comentar é a mellor das solucións.

martes, 6 de febreiro de 2024

Que galletas resultarán máis saudables?



Escollemos unhas galletas que se atopan dispoñibles na cafetería do instituto, e como pretendemos que haxa variedades máis saudables, propoñemos outra opción. 
Comparando os datos nutricionais destas dúas clases de galletas, podemos observar:
  • As galletas CHOCO BOM (dispoñibles na cafetería), aportan máis enerxía, o que os converte nunha opción menos aconsellable para consumir de xeito habitual. Teñen unha gran cantidade de azucres, sal e graxas, así como moita menos fibra e proteína. 
  • Ademáis, ao estar feitas con diversos tipos de chocolates procesados, teñen moita máis cantidade de azucres e aromatizantes ou saborizantes. 
  • Moita da enerxía que aporta este alimento procede da cantidade de graxas, que resultan prexudiciais por ser saturadas xa que aumentan o colesterol, o risco a enfermidades cardíacas ou poden producirnos obesidade.
  • Pola contra, as GALLETAS MARÍA SIN SAL NI AZÚCARES (dispoñibles no Carrefour) aportan unha menor cantidade de enerxía. 
  • Teñen pouca sal, azucre e graxas, aínda que os carbohidratos están moi pouco por debaixo en comparación. 
  • A fibra e a proteína están en proporcións ideais.
Os azucres consumidos en exceso, forzan ó noso páncreas a producir máis insulina, polo que poden favorecer nalgunhas persoas a resistencia á insulina, e ademáis serán almacenados en forma de graxas, polo que poden conducirnos a incrementar o noso peso.
Consumir moita sal pode producir hipertensión, enfermedades cardiovasculares, retención de líquidos, diabetes e moitas outras; polo que debería regularse o seu consumo nas dietas saudables.


 

martes, 2 de xaneiro de 2024

Porqué iniciar este BLOG

 O alumnado de Bacharelato, acadou un grao de madurez que lle permite traballar e analizar a función dos principais bioelementos e biomoléculas, as súas estruturas e interaccións bioquímicas, argumentando sobre a súa importancia nos seres vivos, para explicar as características macroscópicas destes, a partir das moleculares. 

Ademais, a elección voluntaria da materia de Bioloxía nesta etapa está probablemente ligada con inquietudes científicas e á intención de realizar estudos superiores no campo biomédico. 

Polos referidos motivos, é esencial para o alumnado conectar o mundo molecular co macroscópico, adquirir unha visión global completa dos organismos vivos, e desenvolver as destrezas necesarias para formular hipóteses e resolver problemas que lles atinxan.

O alumnado de Bacharelato debe sér capaz de argumentar, utilizando exemplos concretos, sobre a contribución da ciencia á sociedade e o labor das persoas dedicadas a ela, entendendo a investigación como un labor colectivo e interdisciplinar en constante evolución, influído polo contexto político, social e económico.

Este Blog pretende subliñar a importancia de adoptar estilos de vida saudables, compatibles cun modelo de desenvolvemento sustentable, baseándose nos principios da bioloxía molecular e relacionándoos cos procesos macroscópicos.

Tal vez nunca pensamos, e non nos damos conta de que os procesos que ocorren nos seres vivos poden entenderse mediante a análise das súas biomoléculas, das interaccións bioquímicas entre elas, e das súas reaccións metabólicas.

Neste espazo é fundamental que reflexionedes sobre a importancia de observar hábitos saudables para conservar a nosa saúde e a do noso planeta, que sofre cada vez con máis intensidade os impactos dunha poboación, que non ten en conta as interaccións entre éles, e co medio ambiente.

Estando como estamos as portas dun cambio climático que vai a modificar drásticamente as nosas condicións de vida, e o acceso a recursos tan importantes como os alimentos e a auga potable, é moi importante reflexionar sobre elo, e tomar as medidas que estén ao noso alcance, para mitigar na medida do posible os efectos deses cambios.

Por todo elo, a vosa misión, será publicar aquí calquer exemplo concreto, que nos permita entender o funcionamento dos seres vivos, e de cómo podemos contribuir a que ese proceso se leve a cabo nas mellores condicións para a vida, para a súa perpetuación e para o seu desenvolvemento máis eficáz.

É, xa que logo, fundamental subliñar a importancia da nutrición dentro dos estilos de vida saudablesAsí como as consecuencias do exceso ou da deficiencia de bioelementos e biomoléculas sobre a saúde, e principalmente, en relación coas dietas desequilibradas.

Dra Rocío Villar Taibo, Nutricionista e Endocrina, fálanos da alimentación saudable e da importancia do exercicio, sobretodo o exercicio de ...