Páxinas

martes, 2 de xaneiro de 2024

Porqué iniciar este BLOG

 O alumnado de Bacharelato, acadou un grao de madurez que lle permite traballar e analizar a función dos principais bioelementos e biomoléculas, as súas estruturas e interaccións bioquímicas, argumentando sobre a súa importancia nos seres vivos, para explicar as características macroscópicas destes, a partir das moleculares. 

Ademais, a elección voluntaria da materia de Bioloxía nesta etapa está probablemente ligada con inquietudes científicas e á intención de realizar estudos superiores no campo biomédico. 

Polos referidos motivos, é esencial para o alumnado conectar o mundo molecular co macroscópico, adquirir unha visión global completa dos organismos vivos, e desenvolver as destrezas necesarias para formular hipóteses e resolver problemas que lles atinxan.

O alumnado de Bacharelato debe sér capaz de argumentar, utilizando exemplos concretos, sobre a contribución da ciencia á sociedade e o labor das persoas dedicadas a ela, entendendo a investigación como un labor colectivo e interdisciplinar en constante evolución, influído polo contexto político, social e económico.

Este Blog pretende subliñar a importancia de adoptar estilos de vida saudables, compatibles cun modelo de desenvolvemento sustentable, baseándose nos principios da bioloxía molecular e relacionándoos cos procesos macroscópicos.

Tal vez nunca pensamos, e non nos damos conta de que os procesos que ocorren nos seres vivos poden entenderse mediante a análise das súas biomoléculas, das interaccións bioquímicas entre elas, e das súas reaccións metabólicas.

Neste espazo é fundamental que reflexionedes sobre a importancia de observar hábitos saudables para conservar a nosa saúde e a do noso planeta, que sofre cada vez con máis intensidade os impactos dunha poboación, que non ten en conta as interaccións entre éles, e co medio ambiente.

Estando como estamos as portas dun cambio climático que vai a modificar drásticamente as nosas condicións de vida, e o acceso a recursos tan importantes como os alimentos e a auga potable, é moi importante reflexionar sobre elo, e tomar as medidas que estén ao noso alcance, para mitigar na medida do posible os efectos deses cambios.

Por todo elo, a vosa misión, será publicar aquí calquer exemplo concreto, que nos permita entender o funcionamento dos seres vivos, e de cómo podemos contribuir a que ese proceso se leve a cabo nas mellores condicións para a vida, para a súa perpetuación e para o seu desenvolvemento máis eficáz.

É, xa que logo, fundamental subliñar a importancia da nutrición dentro dos estilos de vida saudablesAsí como as consecuencias do exceso ou da deficiencia de bioelementos e biomoléculas sobre a saúde, e principalmente, en relación coas dietas desequilibradas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Dra Rocío Villar Taibo, Nutricionista e Endocrina, fálanos da alimentación saudable e da importancia do exercicio, sobretodo o exercicio de ...