Páxinas

Amosando publicacións coa etiqueta ALMORZO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ALMORZO. Amosar todas as publicacións

domingo, 28 de abril de 2024

 



Seguimos a apuntarnos os almorzos saudables!

    Esta receita que nos propón a exconcursante de Marterchef, a nutricionista e colaboradora do programa "Saber vivir" de Televisión Española, é do máis completa e saborosa.

Anímate a probala!

martes, 6 de febreiro de 2024

Que galletas resultarán máis saudables?



Escollemos unhas galletas que se atopan dispoñibles na cafetería do instituto, e como pretendemos que haxa variedades máis saudables, propoñemos outra opción. 
Comparando os datos nutricionais destas dúas clases de galletas, podemos observar:
  • As galletas CHOCO BOM (dispoñibles na cafetería), aportan máis enerxía, o que os converte nunha opción menos aconsellable para consumir de xeito habitual. Teñen unha gran cantidade de azucres, sal e graxas, así como moita menos fibra e proteína. 
  • Ademáis, ao estar feitas con diversos tipos de chocolates procesados, teñen moita máis cantidade de azucres e aromatizantes ou saborizantes. 
  • Moita da enerxía que aporta este alimento procede da cantidade de graxas, que resultan prexudiciais por ser saturadas xa que aumentan o colesterol, o risco a enfermidades cardíacas ou poden producirnos obesidade.
  • Pola contra, as GALLETAS MARÍA SIN SAL NI AZÚCARES (dispoñibles no Carrefour) aportan unha menor cantidade de enerxía. 
  • Teñen pouca sal, azucre e graxas, aínda que os carbohidratos están moi pouco por debaixo en comparación. 
  • A fibra e a proteína están en proporcións ideais.
Os azucres consumidos en exceso, forzan ó noso páncreas a producir máis insulina, polo que poden favorecer nalgunhas persoas a resistencia á insulina, e ademáis serán almacenados en forma de graxas, polo que poden conducirnos a incrementar o noso peso.
Consumir moita sal pode producir hipertensión, enfermedades cardiovasculares, retención de líquidos, diabetes e moitas outras; polo que debería regularse o seu consumo nas dietas saudables.


 

venres, 19 de xaneiro de 2024

Opcións e beneficios dun almorzo saludable

   OPCIÓNS E BENEFICIOS,DUN ALMORZO SAUDABLE    

Almorzar de xeito saudable contribúe a:

-Activa o metabolismo: 

Esto axuda a que o teu corpo procese mais enerxía, polo tanto, prodúcese un incremento de calor que ven dos músculos.
Canto mais rápido sexa o sistema metabólico, queimaranse mais calorías,esto axudara a baixar de peso, a dispoñer de mais enerxía, e tamen fainos encontrarnos mellor; outra forma de activar o metabolismo é o entrenamento aeróbico.
-Axuda a previr o sobrepeso.

  Esto prodúcese grazas á pouca cantidade de azúcres inxeridos, mais froitas e verduras e acompañado cun pouco de exercicio, axuda a previr o sobrepeso e tamén a regulalo.

-Disminue a ansiedade:

Unha boa inxesta no almorzo, con hidratos de carbono complexos como os grans integrais (avea, cereais integrais(trigo, quinoa, liño, centeo, millo...), axudan a aumentar o nivel de serotonina no cerebro o que vai xerar un efecto tranquilizante.

-Axuda a aumentar o rendemento:

Axuda ao crecemento e á fortaleza dos osos e reduce o risco de lesións e fracturas.

-Contribúe a ser mais produtivo: 

Incrementa os niveis de enerxia cerebral, incentiva o metabolismo celular e favorece á atención e concentración.

-Mellora o estado de ánimo e axuda a sentirte mellor.


Ideas para un almorzo saudable:


O ideal nun almorzo sería tomar un ou dous vasos de auga, para axudar a hidratarse, e a continuación facer unha inxesta de alimentos con presencia de verduras, froita, carbohidratos, proteinas e grasas.

Algunhas opcións para o almorzo son:

·Iogur con froitas.
·Bowl de avea.
·Smoothies de froitas ou verduras.
·Tostadas integrais.
·Tortitas de froitas. 

A froita é importante no almorzo para obter vitaminas e antioxidantes.

Tamén pódense incluir bebidas como: zume de pomelo natural, batidos de zume con avea, café e té, batidos de proteinas...

Alimentos que non debes tomar no almorzo:


É importante no almorzo limitar, ou mellor non tomar, alimentos sobreprocesados, por exemplo:

·boleria industrial.
·carnes embutidas.
·cereais con azucre.
·zume de froitas envasado.
·iogur con sabores artificiais.
·mermeladas envasadas. 

Alimentos como a boleria industrial poden producir  obesidade e diabetes, debido ao seu alto aporte calórico e ao resto de ingredientes que posúen fan ganar mais peso. 

Esto tamén ademáis de  non saciar o noso apetito, fai que teñamos que comer mais, o que pode acabar sendo perxudicial.




                                                      

Dra Rocío Villar Taibo, Nutricionista e Endocrina, fálanos da alimentación saudable e da importancia do exercicio, sobretodo o exercicio de ...