Páxinas

Amosando publicacións coa etiqueta vitaminas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta vitaminas. Amosar todas as publicacións

martes, 30 de xaneiro de 2024

O PRATO DE HARVARD


O PRATO DE HARVARD   

O prato de Harvard é unha guía nutricional para comer saudable e equilibrado e para obter todos os nutrintes necesarios, para poder ter unha vida sá e así padecer menos enfermidades.

Está dividido en catro partes:

  1. A máis grande a dos vexetais, que representa un tercio do prato, na que se inclúen verduras e hortalizas como leituga, repolo, xudías, coliflor, zanorias... Cantas máis cores haxa no prato máis vitaminas e minerais aportan.
  2. Outra parte cos cereais integrais que representa un cuarto do prato, no que se inclúe o arroz, a pasta , o pan e as patacas.
  3. As proteínas saudables que tamén son unha cuarta parte, coma o pescado, a carne, os ovos, os froitos secos e as legumes.
  4. As froitas coma o plátano, as fresas, a mazá,etc., que representan a menor parte do prato, unha sexta parte do prato.
Ademais, o Prato de Harvard tamén nos di que debemos beber moita auga e limitar o consumo de lácteos a unha ou dos porcións ao día. Como graxas saudables debemos utilizar aceites vexetais coma o de oliva ou o de xirasol e tamén debemos tomar aguacate, e debemos evitar as graxas trans e a manteiga.







mércores, 3 de xaneiro de 2024

CARACTERÍSTICAS DUNHA DIETA SAUDABLE

 Para que unha dieta sexa recomendable a toda a poboación, requírese:

  1. Que a composición de alimentos sexa variada.
  2. Que achega suficientes calorías para atender ás necesidades enerxéticas dos individuos sans, axudando a manter un peso adecuado.
  3. O contido de graxa total pode ser dun 30-35% da enerxía total, sendo a graxa saturada inferior ao 10% e de preferencia un 7%. Os ácidos grasos poliinsaturados deben atoparse nuns niveis inferiores ao 7% e os monoinsaturados arredor dun 15-20%.
  4. O colesterol da alimentación debe ser inferior a 300 mg/día.
  5. Que achegue suficientes minerais, oligoelementos e vitaminas.
  6. Que teña alimentos ricos en fibra e un contido baixo en azucre refinado e sal (sodio).
  7. Se se consomen bebidas alcohólicas, debe facerse con moderación (máximo10 g diarios para mulleres e 20 g para os homes)
  8. Ademais, é aconsellable realizar exercicio físico a diario e non fumar.

Dra Rocío Villar Taibo, Nutricionista e Endocrina, fálanos da alimentación saudable e da importancia do exercicio, sobretodo o exercicio de ...