Páxinas

martes, 30 de xaneiro de 2024

O PRATO DE HARVARD


O PRATO DE HARVARD   

O prato de Harvard é unha guía nutricional para comer saudable e equilibrado e para obter todos os nutrintes necesarios, para poder ter unha vida sá e así padecer menos enfermidades.

Está dividido en catro partes:

  1. A máis grande a dos vexetais, que representa un tercio do prato, na que se inclúen verduras e hortalizas como leituga, repolo, xudías, coliflor, zanorias... Cantas máis cores haxa no prato máis vitaminas e minerais aportan.
  2. Outra parte cos cereais integrais que representa un cuarto do prato, no que se inclúe o arroz, a pasta , o pan e as patacas.
  3. As proteínas saudables que tamén son unha cuarta parte, coma o pescado, a carne, os ovos, os froitos secos e as legumes.
  4. As froitas coma o plátano, as fresas, a mazá,etc., que representan a menor parte do prato, unha sexta parte do prato.
Ademais, o Prato de Harvard tamén nos di que debemos beber moita auga e limitar o consumo de lácteos a unha ou dos porcións ao día. Como graxas saudables debemos utilizar aceites vexetais coma o de oliva ou o de xirasol e tamén debemos tomar aguacate, e debemos evitar as graxas trans e a manteiga.







Ningún comentario:

Publicar un comentario

Amiña tataratataravoa estaria contenta

 https://www.facebook.com/share/r/Ca7zywhY6BVHdto5/