Páxinas

mércores, 31 de xaneiro de 2024

TORTILLA DE COLIFLOR E CEBOLA

 TORTILLA DE COLIFLOR  E CEBOLA 

Para variar un pouco e saírnos do habitual en relación coa nosa dieta, deixovos aquí unha receta que é ,ao mesmo tempo, rica e saudable.


Ingredentes: 1 ou 2 coliflores, 1 cebola, 4 ovos medianos, aceite de oliva virxen extra e sal (ao gusto de cada casa pero sen excederse) 


Preparación da base da tortilla 

  1. Preparamos a coliflor retirando as follas e o tallo. Separamos os floretes en pezas dun tamaño similar ó máis posible. Os lavamos ben e os colocamos nun recipiente apto para microondas. E enchemos de auga.



  1. Introducimos o recipiente no microondas e o programamos para 4 min a máxima potencia.


  1. Pelamos a cebola e a cortamos á mitade en tiras.



  1. Quentamos un pouco de aceite de oliva virxen extra e pochamos a cebola a lume suave, deixando que caramelice lixeiramente, que tome cor. Agregamos a coliflor e continuamos pochando a lume suave, removendo de vez en cando e troceando a coliflor cunha espátula ou espumadera segundo se vaia volvendo máis tenra. 



  1. Batemos os ovos nun recipiente fondo e sazonamos a gusto. Engadimos a mezcla de coliflor aos ovos e removemos. Deixamos que as verduras se empapen ben de ovo durante uns minutos antes de callar a tortilla.



Preparación da tortilla de coliflor con cebola 

  1. Para calquer tortilla calentamos un pouco de aceite nunha tixola. Cando está quente engadimos a mezcla anterior e deixamos que a base calle a temperatura elevada. 

  2. Despois baixamos a intensidade do lume e esperamos dous ou tres minutos antes de dar volta á tortilla. 

  3. En calquera caso, para voltear a tortilla colocamos un prato investido sobre a tixola (a modo de tapa). Agarrámolo ben e dámoslle a volta á tixola. A tortilla debe quedar sobre o prato.

  4. Devolvemos a tixola ao lume e quentamos un pouco máis de aceite. Pasamos de novo a tortilla do prato á tixola e repetimos a operación anterior, é dicir, cocemos a lume alto inicialmente para que se doure a base, pero despois baixamos o lume e deixamos que se cociñe o interior durante dous ou tres minutos máis.

  5. O tempo total dependerá do punto de callado que lle queiramos dar á tortilla. A nós gústanos zumarenta, pero co ovo callado, e con estes tempos sae perfecta. Retiramos a tortilla da tixola e deixámola repousar uns minutos antes de servir, con iso conseguimos que se asente e non se desmorone ao cortar.


Consellos para unha tortilla de coliflor con cebola perfecta

  • En casa sempre cociñamos e gozamos da tortilla (de patacas) con cebola. Encántanos o toque dulzón e a jugosidad que lle achega e nesta ocasión non iamos facela doutra maneira.

  • Os pouco afeccionados á cebola podedes prescindir dela e a tortilla seguirá quedando zumarenta, posto que a coliflor ten un alto contido de auga.

  • A elección dos ingredientes é moi importante. Canto máis frescos e de maior calidade sexan, mellor.

  • O tema do interior da tortilla é o que máis controversia xera en España, ese punto exacto de cochura, a cantidade precisa de ovo, a combinación de lumes e o tempo de cocción. Aínda que vos contamos como a facemos nós en función do punto que nos gusta darlle, cada cal é libre de callala ao gusto. Á vosa elección queda,pero de rechupete… seguro!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Dra Rocío Villar Taibo, Nutricionista e Endocrina, fálanos da alimentación saudable e da importancia do exercicio, sobretodo o exercicio de ...