Páxinas

xoves, 23 de maio de 2024

Dra Rocío Villar Taibo, Nutricionista e Endocrina, fálanos da alimentación saudable e da importancia do exercicio, sobretodo o exercicio de forza, que nos axuda a desenvolver os nosos músculos e a aumentar o noso gasto metabólico basal. Recomendoche que a escoites :)


 

xoves, 16 de maio de 2024

Promovemos o exercicio físico

 Hai dúas apps para o movil, que podes descargar, para promover a realización de exercicio físico.

Una é Activar-T que consiste nun xogo de realidade virtual.


A outra, "Camiña", lévate ao camiño de Santiago, e incluso podes conseguir as Compostelas de cada Ruta Xacobea.

https://apps.apple.com/es/app/cami%C3%B1a/id6478587081?platform=iphone



mércores, 15 de maio de 2024

Mapa Metrominuto do IES Nº1 de Ribeira

 


Xa temos o deseño definitivo do Mapa Metrominuto confeccionado polos alumnos de Anatomía e de TICS para o CPInnova de EDUSaúde, que o Concello colocará nas marquesiñas das paradas do Autobús ao lado do Instituto.

A próxima vez que collas o autobús a Ribeira, pensa que se non chove e tes tempo, podes ir a Ribeira a pé.

Chegarás en 15 minutos ao Parque García Bayón, e pensa que "Camiñar é Saúde".

Libros adquiridos para mellorar as nosas prácticas culinarias en EDUSaúde



    Mercamos 5 libros de cociña para que vos animedes a probar recetas e xeitos de cociñar simples e innovadores.
    Pideos na biblioteca do Instituto e proba con novas receitas e novos ingredientes.
 

venres, 3 de maio de 2024

Os nosos hábitos deben fomentar a Sostibilidade!


Debemos tomar medidas, para que o nosa alimentación sexa o máis Sostible posible, polo ben do noso Planeta.
Aquí vos deixamos dez consellos que nos axudarán a conseguilo!



 

Dra Rocío Villar Taibo, Nutricionista e Endocrina, fálanos da alimentación saudable e da importancia do exercicio, sobretodo o exercicio de ...