¿QUE PASA SE COMO MOITO?
O PEOR NON É ENGORDAR
Todo o mundo sabe que privarse de comer é malo, pois provoca desnutrición, debilidade e mesmo enfermidades polo déficit de nutrientes. Tamén é sabido por todos que a principal consecuencia de comer en exceso é engordar; mais non todos saben os verdadeiros impactos negativos de comer de máis.
Cada alimento é rico en diferentes nutrintes e estos afectan de maneira diferente ao noso metabolismo. Cando inxerimos grandes cantidades dun nutrinte en concreto o noso organismo reacciona, pero podemos chegar a ter unha intoxicación alimentaria se este non é quen de asimilalos.
ALCOL
Un exemplo moi coñecido de exceso alimenticio é o de alcol, o denominado coma etílico. Este se produce por un exceso no sangue da molécula de etileno que contén o alcol, facendo que o fígado non poda metabolizalo. A inxesta prolongada de alcol en grandes cantidades pode causar cancros, enfermidades hepáticas como cirrose, enfermedades cardiovasculares e accidentes cerebrais.
SAL
Ainda que a maioría de xente non se dá conta ou non se preocupa tanto por el, outro caso común nos excesos é o do sal. Moitas persoas abusan do sal na súa dieta, e é que sen querer inxerimos elevadas cantidades de cloruro sódico. Deberiamos pararnos a pensar que non só consumimos sal nas comidas elaboradas por nós; tamén os alimentos preparados son ricos nestos minerais: as patacas fritidas, froitos secos ou mesmo as galletas. Un exceso de sal no sangue pode producir hipertensión e problemas cardíacos, por iso ás persoas maiores ou á xente con cardiopatías recoméndaselle unha dieta baixa en sal.
METAIS PESADOS
Por outa parte, temos exemplos que son máis doados de pasar por alto polo seu descoñecemento, coma as intoxicacións por metais pesados que moita xente sofre sen saber por qué. Cómpre saber que se califican como metais pesados os elementos químicos de alta densidade, e os principais son: o mercurio, cadmio, chumbo, cobre, zinc e o cromo. Estas substancias están presentes en certas froitas e verduras, en productos lácteos e, principalmente, nos produtos do mar así coma nas conservas de peixe como o atún, que é rico en mercurio. Os peixes enlatados e as vexetais, ainda que son a principal fonte destos metais, conteñen cantidades pequenas deles que o noso corpo pode procesar sen problema. Pero se o consumo de productos coma o atún, os froitos secos, o fígado ou repolo é diario e prolongado no tempo, pode ter consecuencias.
Unha intoxicación con metáis pesados pode provocar dor de cabeza, náuseas, fatiga, debilidade, irritación e, en casos graves, dano cerebral, renal e problemas cardíacos podendo ser irreversibles nalgúns casos.
MARISCO
En relación co apartado anterior o marisco é outro alimento co que ter coidado en canto a cantidade, xa que é moi típico nas ceas de Nadal e o protagonista nas mariscadas, e é normal excederse. O marisco contén unha substancia química chamada urato sérico (ácido úrico), que cando se acumula en grandes concentracións no noso corpo, cristaliza ao redor das articulacións en forma de agulla, provocando inflamación e dor. Esta é a enfermidade denominada gota.
Non só o marisco contén ácido úrico, tamén debemos ter coidado cos espárragos, arenques e anchoas, salsas e órganos de animais.
COLESTEROL
Por último non está de máis mencionar o exceso máis común e coñecido, o de colesterol. O colesterol é un lípido (unha graxa) que se clasfíca en dous tipos; LDL e HDL. O colesterol LDL acumúlase nas paredes das arterias en forma de pequenas placas. Estas dificúltanlle o paso ao sangue, aumentando a presión arterial. Ademáis se se desprenden estas placas poden viaxar polo sangue ata un estreitamento da arteria para acumularse e provocar un infarto, por iso é importante controlar os niveis de esta graxa e, é recomendable para as persoas con afeccións cardiacas telos baixos. Con todo, o colesterol é necesario para que o noso organismo sintetice algunhas hormonas e estruturas celulares.
En conclusión todos os alimentos son bos e nos aportan nutrintes necesarios para o correcto funcionamento do corpo. Malia isto, debemos ter coidado cas cantidades e a frecuencia cas que inxerimos estos nutrintes, pois poden ter o efecto contrario e ata causar enfermidades graves. Debemos comer moderadamente e ter unha dieta variada, equilibrada e saudable!
Ningún comentario:
Publicar un comentario