Páxinas

luns, 22 de xaneiro de 2024

DIETA SAUDABLE E EQUILIBRADA

Levar unha dieta sá ao longo da vida axuda a previr a malnutrición e outras enfermidades relacionadas cos alimentos, como a obesidade ou o sobrepeso. Sen embargo, o aumento da producción de alimentos procesados e ultraprocesados, así como un cambio de estilo de vida, no que cada vez temos menos tempo para dedicar as actividades imprescindibles no día, deron lugar a un cambio nos hábitos alimenticios. Na actualidade, as persoas consomen máis alimentos hipercalóricos, graxas, azucres, etc. Ademais, moitas persoas non comen a cantidade suficiente de frutas, verduras e fibra dietética, como os cereais integrais. 10 consejos para una alimentación saludable | Restaurante Casa Antonio


QUE É UNHA ALIMENTACIÓN SAUDABLE?

Unha alimentación saudable é aquela que aporta a cada individuo todos os alimentos necesarios para cubrir as necesidades nutricionais nas diferentes etapas da vida e en función da súa situación saudable. 

Cada persoa ten un requerimentos nutricionais diferentes dependendo da idade, sexo, talla, actividade física que elabora e o esta do saúde. Isto fai que cada individuo teña un concepto diferente de levar a cabo unha alimentación saudable. No obstante, existen uns principios básicos para levar a cabo unha alimentación saudable e equilibrado.

 Aínda que esta dieta mantense equilibrada sempre cando a acompañemos de exercicio físico diario e uns hábitos saudables, así como, evitar malas prácticas, como beber alcohol ou fumar.

Outro punto a destacar é que non sempre as dietas máis restrictivas cos alimentos son as máis saudables, xa que ao igual que eliminamos eses alimentos que son insanos ou que teñen mala reputación, ao mesmo tempo, restrinximos ese aporte nutricional que nos poden ofrecer. Polo tanto, as veces as dietas que limitan e prohiben algúns alimentos poden produrcirnos impactos negativos en nós, como estabilidade emocional ou mesmo ansiedade por comer.

Los principios de la alimentación saludable - Yoofit

 

QUE DEBE TER UNHA ALIMENTACIÓN SAUDABLE?

Aínda que como dixen antes, unha dieta equilibrada e saudable depende de factores personais, como a idade, sexo, estatura, etc. Sen embargo todas estas dietas conteñen unha seie de alimentos un tanto obrigatorios polo seu gran aporte nutricional e a súa repercusión positiva en nós.

  • Consumir todos os días verduras, hortalizas e cereais.
  • Introducir na dieta froita fresca todos os días. A cantidade recomendada diaria é de cinco pezas de froita, canto máis variada mellor.
  • Comer pescado azul e carnes vermellas varias veces á semana. 
  • Beber 2 litros de auga ao día. 
  • Toma diariamente lácteos, como leite, iogur ou queixo. 
  • Evita as bebidas alcohólicas e enerxétcas.

Aparte de todas estas medidas debe ser unha dieta completa, que aporte todo tipo de nutrientes e equilibrada, é dicir, que eses nutrientes se encontran na medida proporcional adecuada.Según moitos estudos levados a cabo, na nosa alimentación diaria debería conter entre un 50 % e un 60 % de hidratos de carbono, un 20 % de graxas e un 15 % de proteínas.

La pirámide alimentaria | La alimentación

 

 RECOMENDACIÓNS

  • Non abuses da sal e do seu exceso.Como alternativa podes usar allo, cebola, vinagre, limón ou herbas aromáticas na comida.
  • Toma aceita de oliva como principal graxa da túa alimentación.
  • Modera o consumo de doces, bollería, etc. 
  • Realiza de 4 a 5 comidas ao día.
  • Mastica ben a comida.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Dra Rocío Villar Taibo, Nutricionista e Endocrina, fálanos da alimentación saudable e da importancia do exercicio, sobretodo o exercicio de ...