Páxinas

Amosando publicacións coa etiqueta enfermidade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta enfermidade. Amosar todas as publicacións

martes, 12 de marzo de 2024

O SÍNDROME METABÓLICO

   

    O Síndrome Metabólico consiste nun conxunto de enfermidades que se presentan nunha persoa ao mesmo tempo. 
    Estes trastornos poden ser o aumento da presión arterial e dos niveis de azucre en sangue, un exceso de grasa ao redor da cintura e uns niveis anormais de colesterol e triglicéridos. 
    Padecer estes trastornos conleva risco de enfermidades cardíacas, accidente cerebrovascular e diabetes tipo 2. 
    Cada vez é máis frecuente na poboación.
    Pode tratarse dunha enfermidade hereditaria porque que se transmite a través da información xenética, aínda que se pode mellorar cos tratamientos adecuados para cada transtorno ou facendo cambios positivos como facer exercicio, mellorar a dieta, etc. Tamén pode desenvolverse ou aparecer ao longo da vida dunha persoa debido ao seu estilo de vida.

CAUSAS
    As súas causas poden ser o sobrepeso, a obesidade e a falta de actividade física; ademais dun factor coñecido como resistencia á insulina, que consiste nun aumento da glucemia debido a que a glucosa non pode entrar nas células xa que estas non responden á insulina. A idade e a xenética tamén inflúen á súa aparición.

SÍNTOMAS
    Para saber se unha persoa ten síndrome metabólico tes que mirar se o seu nivel de azúcre en sangue en axunas é de máis de 126 mg/dl, xa que os pacientes co síndrome padecen de hiperinsulinemia ou diabetes tipo 2, o que provoca dificultades para dixerir de maneira correcta a glucosa. Este aumento de insulina pode levar incluso a un infarto de miocardio.
    Tamén se presenta un aumento de LDL (colesterol malo) e triglicéridos no sangue, ao mesmo tempo que un nivel baixo de HDL (colesterol bó).
    Outro signo da enfermidade é a obesidade central, que se trata dun exceso de graxa na zona abdominal, caracterizado por crear unha cintura ancha.
    Por último os pacientes presentan hipertensión, que se trata dunha presión arterial alta.

FACTORES DE RISCO
    O risco deste síndrome vese afectado por diferentes causas como os hábitos de vida, a idade, etc.
Factores de risco que podes controlar:
  • Manterse inactivo.
  • Ter unha dieta pouco saudable.
  • Non ter suficientes horas de sono.
  • Fumar ou beber alcol.
  • Factores de risco que non podes controlar:
  • Idade: o risco aumenta a medida que envellecemos.
  • Antecedentes familiares e xenética: os xenes poden afectar á maneira en que o corpo responde á insulina. É moi posible que o desenvolvas se algún familiar tamén o padeceu.
  • Xénero: as mulleres teñen un maior risco de contraer o síndrome metabólico. Isto débese aos cambios despois da menopausia.
COMPLICACIÓNS
    Debido ao alto nivel de colesterol e á hipertensión arterial, podería haber unha acumulación de plaquetas nas arterias, que as estreitan e as endurecen, provocando enfermidades circulatorias e do corazón. Tamén podería contraerse unha diabetes de tipo 2 se non se adopta un estilo de vida saudable para reducir ou controlar o aumento de peso.

PREVENCIÓN:
    1º.- A actividade física pode ser moi beneficiosa, polo que se recomenda polo menos 30 minutos diarios. 
    2º.- Manter unha boa dieta tamén é importante para manter unha boa saúde, polo que se recomenda a inxestión de abundante froita, verdura, proteínas e cereais, á vez que reducir o sal e as graxas saturadas. 
    3º.- Unha última recomendación é non fumar xa que resulta prexudicial en moitos ámbitos da saúde.


A GORDOFOBIA
    A gordofobia é un movemento de odio, rexeitamento e violencia cara as persoas gordas polo feito de selo, xa que o seu tamaño corporal non encaixa co socialmente aceptado e establecido. Ocasiona humillación, invisibilización, maltrato, ridiculización, patoloxización e exclusión cara estas persoas. 
    Ser unha persoa gorda non implica padecer algunha enfermidade en todos os casos, pero non debería descartarse ata realizar probas médicas.
    Non se debería normalizar o feito de padecer sobrepeso, pois non aporta nada positivo para a saúde, pero tampouco debería existir un movemento de odio hacia este tipo de persoas xa que poden estar intentando cambiálo, e non lles aporta nada positivo este tipo de comentarios. 
    Como se pode observar, o Síndrome metabólico, a maioría de veces non é culpa do propio individuo. 
    Iso sí, tamén podemos ver que se relaciona con moitas máis enfermidades e casos graves, polo que intentar cambiar os hábitos cando todavía hai tempo é un paso clave para poder evitalas, así que é iniciativa da propia persoa o feito de mellorar os seus hábitos. 
    Os demais non deberían opinar sobre o corpo axeno, xa que non teñen o poder de cambiar como esa persoa se ve, non está na súa man, así que absterse de comentar é a mellor das solucións.

luns, 22 de xaneiro de 2024

OS EXCESOS ALIMENTICIOS

¿QUE PASA SE COMO MOITO?

O PEOR NON É ENGORDAR

 Todo o mundo sabe que privarse de comer é malo, pois provoca desnutrición, debilidade e mesmo enfermidades polo déficit de nutrientes. Tamén é sabido por todos que a principal consecuencia de comer en exceso é engordar; mais non todos saben os verdadeiros impactos negativos de comer de máis.


Cada alimento é rico en diferentes nutrintes e estos afectan de maneira diferente ao noso metabolismo. Cando inxerimos grandes cantidades dun nutrinte en concreto o noso organismo reacciona, pero podemos chegar a ter unha intoxicación alimentaria se este non é quen de asimilalos.

ALCOL

Un exemplo moi coñecido de exceso alimenticio é o de alcol, o denominado coma etílico. Este se produce por un exceso no sangue da molécula de etileno que contén o alcol, facendo que o fígado non poda metabolizalo. A inxesta prolongada de alcol en grandes cantidades pode causar cancros, enfermidades hepáticas como cirrose, enfermedades cardiovasculares e accidentes cerebrais.



SAL

Ainda que a maioría de xente non se dá conta ou non se preocupa tanto por el, outro caso común nos excesos é o do sal. Moitas persoas abusan do sal na súa dieta, e é que sen querer inxerimos elevadas cantidades de cloruro sódico. Deberiamos pararnos a pensar que non só consumimos sal nas comidas elaboradas por nós; tamén os alimentos preparados son ricos nestos minerais: as patacas fritidas, froitos secos ou mesmo as galletas. Un exceso de sal no sangue pode producir hipertensión e problemas cardíacos, por iso ás persoas maiores ou á xente con cardiopatías recoméndaselle unha dieta baixa en sal.



METAIS PESADOS

    Por outa parte, temos exemplos que son máis doados de pasar por alto polo seu descoñecemento, coma as intoxicacións por metais pesados que moita xente sofre sen saber por qué. Cómpre saber que se califican como metais pesados os elementos químicos de alta densidade, e os principais son: o mercurio, cadmio, chumbo, cobre, zinc e o cromo. Estas substancias están presentes en certas froitas e verduras, en productos lácteos e, principalmente, nos produtos do mar así coma nas conservas de peixe como o atún, que é rico en mercurio. Os peixes enlatados e as vexetais, ainda que son a principal fonte destos metais, conteñen cantidades pequenas deles que o noso corpo pode procesar sen problema. Pero se o consumo de productos coma o atún, os froitos secos, o fígado ou repolo é diario e prolongado no tempo, pode ter consecuencias. 
    Unha intoxicación con metáis pesados pode provocar dor de cabeza, náuseas, fatiga, debilidade, irritación e, en casos graves, dano cerebral, renal e problemas cardíacos podendo ser irreversibles nalgúns casos.



MARISCO

En relación co apartado anterior o marisco é outro alimento co que ter coidado en canto a cantidade, xa que é moi típico nas ceas de Nadal e o protagonista nas mariscadas, e é normal excederse. O marisco contén unha substancia química chamada urato sérico (ácido úrico), que  cando se acumula en grandes concentracións no noso corpo, cristaliza ao redor das articulacións en forma de agulla, provocando inflamación e dor. Esta é a enfermidade denominada gota. 
Non só o marisco contén ácido úrico, tamén debemos ter coidado cos espárragos, arenques e anchoas, salsas e órganos de animais.



COLESTEROL

Por último non está de máis mencionar o exceso máis común e coñecido, o de colesterol. O colesterol é un lípido (unha graxa) que se clasfíca en dous tipos; LDL e HDL. O colesterol LDL acumúlase nas paredes das arterias en forma de pequenas placas. Estas dificúltanlle o paso ao sangue, aumentando a presión arterial. Ademáis se se desprenden estas placas poden viaxar polo sangue ata un estreitamento da arteria para acumularse e provocar un infarto, por iso é importante controlar os niveis de esta graxa e, é recomendable para as persoas con afeccións cardiacas telos baixos. Con todo, o colesterol é necesario para que o noso organismo sintetice algunhas hormonas e estruturas celulares.



En conclusión todos os alimentos son bos e nos aportan nutrintes necesarios para o correcto funcionamento do corpo. Malia isto, debemos ter coidado cas cantidades e a frecuencia cas que inxerimos estos nutrintes, pois poden ter o efecto contrario e ata causar enfermidades graves. Debemos comer moderadamente e ter unha dieta variada, equilibrada e saudable! 

Dra Rocío Villar Taibo, Nutricionista e Endocrina, fálanos da alimentación saudable e da importancia do exercicio, sobretodo o exercicio de ...