Páxinas

xoves, 15 de febreiro de 2024

Como afectan os plásticos á natureza

A contaminación por plásticos converteuse nos últimos meses nun tema de rabiosa actualidade debido ao desastre dos “pellets” de polietileno nas costas galegas, ainda que os refugallos plásticos xa forman parte do medio ambiente dende a súa invención.
Dende fai algúns anos a presenza de plásticos na natureza, en lugares como o mar, os bosques, praias, etc. son un gran problema no debate público. Actualmente nos nosos océanos encóntrase unhas 150 millóns de toneladas de plástico. Esto tamén impacta a vida silvestre, por exemplo, as tartarugas mariñas comen bolsas de plástico por equivocación ou enrédanse nelas. Aves mariñas, baleas, defíns e outros animais aparecen frecuentemente mortos nas nosas costas cos estómagos cheos de lixo ou atrapados en redes de pesca.


Pero, non podemos continuar falando deste tema sen saber científicamente que é un plástico. Un plástico é calquer material obtidos a partir dunhas reaccións de polimerización que proceden de derivados do petróleo. Este inventouse fai 150 anos, e supuxo unha revolución por ser resistente, lixeiro e barato. Úsanse máis do que pensamos, xa que están presentes no noso día: úsanse como materiais de construcción, nos automóviles, no embalaxe dos alimentos, nos móviles, na roupa, nos cosméticos... Debido a baixa densidade, os productos plásticos dispérsanse facilmente, que unido a súa resistencia á biodegradación, co paso do tempo acaban fragmentándose en pequenas porcións , formando os chamados microplásticos, que poden ser dun tamaño menor a 5 mm. Estímase que nas augas do noso planeta hai entre 5 e 50 billóns de microplásticos que poden entrar na cadea alimenticia. Ademais, según estudos científicos estímase que o periodo de degradación tarda entre uns 100 e 1.000 anos.
Agora, imos presentar tres dos problemas máis recentes e de maior importancia aos que nos enfrontamos hoxe en día.
1.- O PROBLEMA DOS PELLETS EN GALICIA
O 13 de decembro comezaron a chegar ás costas galegas unha marea de bolas de plástico chamadas pellets procedentes de 6 contenedores que un buque perdeu días antes a varios kilómetros das costas portuguesas. Estímase que a mercancía perdida polo cargueiro acende ás 28 toneladas de material, aproximadamente uns 1000 sacos cheos de pellets. Este suceso viralizouse debido á gran área afectada e a gravidade de esta catástrofe ambiental.
Resulta que estos microplásticos de 5 mm de grosor non son tóxicos, segundo o fabricante, mais ao tratarse dun derivado do petróleo segue sendo en certa parte perxudicial para os seres vivos e, ao afectar a unha zona tan grande, ser tan difícles de limpar e ao non descompoñerse co paso do tempo fai que isto sea unha situación alarmante. As consecuecias de ter as praias e os mares cheos de plástico non biodegradable pode conlevar a morte pola súa inxestión de especies que habiten estos paraxes, sexan acuáticas, terrestres ou mesmo aéreas. Indo máis alá, nós mesmos podemos acabar inxerindo plásticos se consumimos peixe contaminado.
É de vital importancia que os organismos gubernamentales den a alarma e poñan efectivos para limpar as augas e praias antes de que os pellets se extendan máis e causen máis danos aos ecosistemas como xa o está empezando a facer nas costas asturianas. De feito, ante a practicamente inexistente resposta do goberno local, os concellos e os cidadáns puxeron en marcha grupos de voluntariado e quedadas para a recollida dos pellets.
AS ILLAS DE PLÁSTICO NOS OCÉANOS
Non figuran nos mapas, pero nos nosos océanos existen 5 illas de plástico flotante que ameazan con erradicar boa parte da vida mariña e contribúen ao cambio climático. Algunhas destas, como a que se encontra no Norte do Pacífico, teñen un tamaño equivalente a Francia, España e Alemaña xuntas.
Estas son o resultado de arredor de seis décadas de vertidos ás augas do noso planeta. A maioría están formadas por microplásticos de menor tamaño de 5 mm que flotan no océano e son atrapados polas correntes mariñas que as agrupa, dando lugar a concentracións xigantescas.
Esta basura vaise degradando pola acción das olas, do vento e do sol van desencadeando a fragmentación en partículas máis pequenas e perxudiciais para o medio que expulsan CO2 na súa descomposición, sustancias tóxicas e gases que aumentan o efecto invernadoiro.
A máis grande é a illa que se encontra no océano Pacífico, entre Hawai e California, cunha extensión de arredor 1,6 millóns de km2 e con 1,8 billóns de trozos de plástico .
A ONU leva tempo advertindo que estas illas poden causar a morte de máis dun millón de animais ao ano. Ademais, perxudica a calidade do aire, contribúe ao quecemento global e compromete a subsistencia de moitos pequenos pescadores.
A peor parte é, según advirte Greenpeace, que este plástico flotante só supón un 15% do total, mentres que arredor do 85% permanece oculto baixo a auga, a profundidades de ata 11.000 metros, ou incluso, atapado no xeo do Ártico. Esta basura prolifera de tal forma que o Foro Económico Mundial (WEF) prevé que no 2050 os océano poderían ter máis toneladas de plástico que peixes.

O DESERTO DE ATACAMA CUBERTO DE ROUPA USADA
A industria téxtil representa arredor do 10% das emisións de carbono no mundo. Ademais, un camión de basura cheo de roupa quéimase e envíase a un vertedoiro cada segundo. O ritmo ao que os consumidores mercan roupas non parece diminuír, unido as efímeras tendencias de moda ocasionan un extremado aumento da producción de roupa o que leva a un grave daño para o medio ambiente.
Proba delo, é a montaña de roupa desechada que está depositada no deserto de Antacama. Chile sempre foi un centro de roupa sen usar e sen verder, polo tanto converteuse no principal revendedor de toda América Latina. Unhas 59.000 toneladas de roupa chegan cada ano aos portos chilenos. Sen embargo, estímase que unhas 39.000 toneladas non se venden e terminan nos vertedoiros deste deserto ao ano.
Esta roupa, xa sea sintética ou tratado con productos químicos, pode tardar uns 200 anos en biodegradarse. Ademáis, é tan tóxica como os neumáticos ou materiais de plástico.
Tamén debemos contar que a industria da moda é responsable do 20% do desperdicio total de auga a nivel mundial, xa que para facer un só par de vaqueiros necesítanse polo menos 7.500 litros de auga.

Coas cifras na man a situación medioambiental é alarmante e deberiamos preocuparnos cada vez máis polos altos niveles de residuos e contaminación que producimos anualmente. Nós pensamos que é importante concienciar ainda máis á poboación sobre a situación que vivimos e as desastrosas repercusións que pode traer para que se involucre máis. Xa estamos empezando a notar os efectos coma o cambio climático, mais isto é só o principio, co tempo estos fenómenos agravaranse e non teremos alternativas. Cremos que a maior parte da culpa as teñen as grandes empresas e fábricas multinacionais que botan produtos e refugallos de fabricación. Os gobernos deberían ser os responsables en tomar medidas como restrinxir o uso do plástico e produtos químicos nas fábricas a grande escala ou formar plans de control de refugallos para non espallalos pola natureza. Non queremos facer da Terra un vertedoiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Dra Rocío Villar Taibo, Nutricionista e Endocrina, fálanos da alimentación saudable e da importancia do exercicio, sobretodo o exercicio de ...