Recomendacións do Ministerio de Sanidade fronte ao aumento de casos de gripe e de Covid.
O último boletín do Sistema de Vixilancia de Infección Respiratoria Aguda (SIVIRA), de decembro, incide en que se produciu nas últimas semanas un aumento de casos en atención sanitaria debido a enfermidades respiratorias.
Segundo o informe, a atención primaria por gripe ou Covid aumentou e maniféstase en todos os grupos de idade, mentres que as hospitalizacións afectan principalmente as persoas a partir dos 80 anos.
Taparse o nariz e a boca ao esbirrar ou toser, usar máscara e evitar acudir ao posto de traballo cando se teñan síntomas respiratorios, son algunhas das recomendacións do Ministerio de Sanidade, ante o repunte dos casos de Covid-19, gripe e outras infeccións respiratorias como a bronquiolite.
Usar panos refugables para conter as gotiñas respiratorias "de flugge" ou as secrecións.
Despois de usar os panos, botalos á bolsa de lixo máis próximo.
Coidar a hixiene das mans, lavándoas con auga e xabón ou limpalas cun xel con alcol, regularmente e despois de ter contacto con secreciones respiratorias.
Queremos volver coas pilas cargadas e en forma!! e para eso debemos coidarnos e ser responsables.
Se tes síntomas de gripe e/ou de Covid, acude ao instituto con máscara, e se te atopas mal, mellor vai ao médico, e sigue as súas instruccións.
Contamos contigo, para coidarnos entre todos!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario