TCA
Un TCA (Transtorno da conducta alimentaria) é un grave trastorno psicolóxico que conleva alteracións da conduta alimentaria.
A persoa afectada, mostra unha forte preocupación polo peso, a imaxe corporal e a alimentación.
Debido a estas alteracións alimentarias, podén desencadear en enfermidades físicas importantes e, en casos estremos podén chegar a provocar a morte, xa sexa a través da desnutrición ou por suicidio.
Os máis coñecidos son a anorexia nerviosa e a bulimia nerviosa.
Adoitan manifestarse entre os 12 e 16 anos en ambos xéneros.
Para detectar unha anorexia nerviosa deberiamos fixarnos en:
- Medo esaxerado a engordar ou a convertirse en obeso.
- Rechazo(Rexeitamento) a manter o peso corporal igual ou por enriba do valor mínimo normal considerando a estatura e a talla.
- Distorsión da imaxe corporal.
- Pérdida do cabelo.
- Períodos de hiperactividade.
- Pés e máns frías.
- A persoa sométese a dietas, aínda estando delgada.
- Pouco a pouco vai eliminando alimentos da súa dieta diaria.
- Come só/soa.
Para detectar unha bulimia nerviosa deberiamos fixarnos en:
- Presenza de atracóns recurrentes.
- Sensación de pérdeda de control durante os períodos de atracóns.
- Comer de maneira descontrolada durante cortos períodos de tempo e en maiores cantidades as adecuadas.
- Uso de laxantes, provocarse o vómito despois de comer e someterse a unha rutina de exercicio físico.
- Problemas dentais.
- Irritación da garganta.
- Inestabilidade emocional.
Ningún comentario:
Publicar un comentario