MITOS SOBRE O AZÚCRE
Nesta entrada investiguei sobre mitos que se creen sobre o azúcre, vou mencionalos e desmentilos.
1. O azúcre é necesario para o funcionamento do cerebro.
O noso cerebro non necesita este tipo de azúcre para funcionar, o que necesita é a glicosa, xa que esta é producida polo noso organismo a partir de proteínas e ácidos grasos, obtidas de froitas, verduras, legumes e moitos alimentos máis que levan azúcres intrínsecos (azúcre propio do alimento).
2. O azúcre moreno é máis saudable que o branco.
O azúcre moreno xunto co mel, a panela, o azúcre moscovado, o sirope de agave etc. aportan o mesmo.
Non importa a cantidade de nutrientes e de minerais que conteña o azúcre moreno, xa que é tan pequena que resulta irrelevante.
3. O azúcre: a cocaína dos nenos
En 2007 a EFSA, a marca de autoridade en cuestións alimentarias da Unión Europea, ddeterminou que non había ningún tipo de realción do consumo de azúcre coa hiperactividade nos nenos. Estes altéranse polo entorno, non polo seu consumo, isto non implica que sea saudable tomar azúcre, o que non se pode facer é tomalo en exceso.
4. O azúcre non é malo e é necesario para o organismo.
Existe unha grande parte da sociedade que di que é saludable o azúcre e que é necesaria para levar unha dieta saudable. Isto é porque as industrias azucrareas ou as empresas que fabrican os productos azucarados finanzan traballos de investigación, lixeramente manipulados que exponen que o azúcre non é tan malo, para despois que as noticias o difundan e a sociedade o cree.
5. A froita engorda porque leva azúcre
A froita leva azúcre pero estes son azúcres naturais que actúan de maneira totalmente diferente aos azúcres engadidos ou os produtos ultraprocesados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario