LEITE VS. COCA-COLA
CAL É O MELLOR PARA A NOSA SAÚDE?
No instituto, estanse a promover os hábitos saudables.
Supoñemos que moitos rapaces escollerían tomar un brick de leite enteiro ou con chocolate, no recreo, se tiveran esa posibilidade.
Comparando os datos da súa composición nutricional podemos considerar que o leite é moto máis saudable que a Coca-Cola, xa que o leite aportanos:
-Calcio que nos axuda a crecer e a fortalecer os ósos.
-vitamina A, que nos axuda a manter a nosa pel nas condións óptimas, e a protexer a nosa visión.
-vitamina D, que favorece a absorción do Calcio.
-Ácido fólico (vit B8), que favorece a rexeneración das células no noso organismo.
Mentres, que a Coca-Cola contén:
-Un elevado contido en azúcres.
-Elevado contido en fosfatos, como acidulantes (E338).
Estes dous aditivos incrementan a presión osmótica nos nosos fluídos corporales, polo cal contribúen a deshidratación das nosas células, polo que debemos eliminalos.
Os azúcres consumidos en exceso, forzan o noso páncreas a producir máis insulina, co que poden favorecer nalgunhas persoas a resistencia á insulina, e ademáis serán almacenados en forma de graxas, co que poden conducirnos a incrementar o noso peso.
Os fosfatos deberán elimínarse polos riles, para o que consumiremos unha grande cantidade de auga, polo que como resultado da súa inxestión prodúcese a nosa deshidratación, e á precipitación de sales nos riles, en forma de arenilla ou pedras no ril, o que pode agrabar, nalgunhas personas, unha situación de insuficiencia renal.
Ademais, debemos sinalar que estes cálculos están feitos por cada 100 mL, pero unha Coca-Cola contén 330 mL, polo tanto deberíamos multiplicar por 3,3 todos os valores anteriores...
Ningún comentario:
Publicar un comentario