Páxinas

mércores, 3 de xaneiro de 2024

Decálogo para uns hábitos de vida saudables

 O ‘Decálogo da alimentación e estilo de vida saudable’ convida a cumprir os aspectos de sustentabilidade e reducir o desperdicio alimentario na liña da observación dos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas) da axenda 2030.

        As recomendacións do Colexio de Dietistas e Nutricionistas son as seguintes:

  1. Consumir máis alimentos de orixe vexetal: froitas, verduras, legumes e froitos secos
  2. Utilizar aceite de oliva virxe extra para cociñar e aderezar, en lugar doutros aceites e graxas.
  3. Optar por alimentos integrais. Substituír o pan branco, o arroz e a pasta refinados por alimentos elaborados con cereais integrais.
  4. Seleccionar os lácteos, que sexan preferiblemente sen azucres engadidos: leite, iogur natural e leite fermentada.
  5. Limitar o consumo de carnes vermellas e procesadas. Optar e alternar entre peixe, carnes brancas e ovos.
  6. Beber auga para hidratarse, evitando as bebidas azucaradas e os zumes.
  7. Escoller alimentos frescos de tempada e de proximidade. Reducir os ultraprocesados, limitar o consumo de pratos preparados e cociñar con alimentos locais e de temporada.
  8. Evitar o alcol e o tabaco, e calquera hábito tóxico.
  9. Practicar actividade física e procurar ter un soño reparador. Facer uns 150 minutos á semana de exercicio físico e evitar o sedentarismo.
  10. Planificar ben as compras, e comer polo menos unha vez ao día en familia. Gozar da alimentación como un acto social e evitar o malgasto dos alimentos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Dra Rocío Villar Taibo, Nutricionista e Endocrina, fálanos da alimentación saudable e da importancia do exercicio, sobretodo o exercicio de ...