xoves, 23 de maio de 2024
venres, 17 de maio de 2024
xoves, 16 de maio de 2024
Promovemos o exercicio físico
Hai dúas apps para o movil, que podes descargar, para promover a realización de exercicio físico.
Una é Activar-T que consiste nun xogo de realidade virtual.
A outra, "Camiña", lévate ao camiño de Santiago, e incluso podes conseguir as Compostelas de cada Ruta Xacobea.
https://apps.apple.com/es/app/cami%C3%B1a/id6478587081?platform=iphone
mércores, 15 de maio de 2024
Mapa Metrominuto do IES Nº1 de Ribeira
Xa temos o deseño definitivo do Mapa Metrominuto confeccionado polos alumnos de Anatomía e de TICS para o CPInnova de EDUSaúde, que o Concello colocará nas marquesiñas das paradas do Autobús ao lado do Instituto.
A próxima vez que collas o autobús a Ribeira, pensa que se non chove e tes tempo, podes ir a Ribeira a pé.
Chegarás en 15 minutos ao Parque García Bayón, e pensa que "Camiñar é Saúde".
Libros adquiridos para mellorar as nosas prácticas culinarias en EDUSaúde
venres, 3 de maio de 2024
Os nosos hábitos deben fomentar a Sostibilidade!
domingo, 28 de abril de 2024
mércores, 24 de abril de 2024
A obtención de pan mediante a biotecnoloxía
Quizais o pan sexa un produto biotecnolóxico menos evidente que o iogur ou a cervexa, pero na súa produción participa polo menos un tipo de microorganismo: Saccharomyces cerevisiae.
E cando actúa S. cerevisiae? Dende que entra en contacto co resto dos ingredientes (na formación da masa), ata que a temperatura do forno alcanza os 50-60 graos centígrados (temperatura que os microorganismos non poden resistir). Neste período de tempo, S. cerevisiae realiza unha fermentación alcohólica: transforma os azucres da fariña (glicosa) en etanol e CO2. Mentres que o etanol se evapora durante a cocción, o CO2 queda retido na masa e é responsable do aumento de tamaño do pan, e da esponxosidade da faragulla.
xoves, 18 de abril de 2024
As cousas cambian
mércores, 17 de abril de 2024
martes, 16 de abril de 2024
Receita de calamares rebozados
Os calamares son un alimento moi rico en proteínas. Se os fritimos e conseguimos que o rebozado non se enchoupe de aceite, serán máis dixestivos e saudables. Aquí vos deixamos o truco!!
mércores, 10 de abril de 2024
TALLER DE COCIÑA SAUDABLE
O profesor explicounos que a albahaca fresca tiña propiedades antisépticas, e que axudaba a previr a caries e o mal alento (apuntade o dato!!)
A continuación meteuna ao forno uns 20 minutos!! Cando abreu a porta, tiña un aspecto increíble, e estaba riquísima. 
martes, 19 de marzo de 2024
Presenza de vitamina c en distintos alimentos
OBXECTIVO: Determinar a presenza de vitamina C en distintos alimentos.
Materiais empregados: Alimentos:
-Pipetas -Zumo granini (Brick)
-Vasos -Lima
-Tubos de ensaio -Laranxa froita
-Disolución de amidón ao 0,5 por cento -Laranxa sanguina
-Disolución de Vitamina C de farmacia -Limón
-Reactivo de lugol (iodo e ioduro de potasio) -Limón Solimon
PROCEDEMENTO:
-Primeiro cortamos os alimentos e facemos zume de cada un.
-Posteriormente introducimos cada zume en vasos diferentes.
- disolvemos 5 gramos de amidón en 1000 ml de auga e a quentamos.
- esperamos a que se enfrie.
-Tras isto, dispoñemos 3 ml da disolución de almidón en cada tubo ca pipeta.
-Posteriormente debemos engadirlle ao amidón aproximadamente 2 gotas de Lugol, que fará que a mezcla se poña de cor negro-azulada.
-Por último debemos engadir gota a gota, cada zume, nos diferentes tubos ata que a mezcla pase da cor azulada a unha cor completamente transparente!.
RESULTADOS:
- Zume de limón natural: 5 gotas
- Zume de laranxa natural: 5 gotas
- Zume de lima: 8 gotas
- Zume de laranxa (Brick): 5 gotas
- Zume de laranxa Sanguína: 3 gotas
- Zume limón solimon: 4 gotas
- Zume de tomate: 11 gotas
ANALISE DOS RESULTADOS:
A partir dos resultados obtidos podemos determinar a cantidade de vitamina C que conteñen diferentes zumes e froitas.
Como podemos observar o zume de laranxa Sanguína é o alimento que máis Vitamina C contén, xa que con só 3 gotas de este, cambia por completo a cor da disolución de amidón.
Por outro lado o zume de tomate xunto co de lima, son os alimentos que menos vitamina C conteñen. Sorprendentemente o zume de laranxa natural contén a mesma cantidade de Vitamina C que o zume de brick.
VALORACIÓN PERSONAL:
Esta práctica sen duda algunha foinos de moita utilidade, sobre todo a nenos da nosa idade, xa que coñecer cales son os alimentos con maior cantidade de vitamina C, é importantísimo para nós, pois estamos na etapa do crecemento.
Dra Rocío Villar Taibo, Nutricionista e Endocrina, fálanos da alimentación saudable e da importancia do exercicio, sobretodo o exercicio de ...
-
O alumnado do Club de Ciencia, tivo a oportunidade de asistir a un Taller de Cociña Saudable, o pasado martes día 9 de abril, impartido polo...






